martes, 9 de diciembre de 2008

TRES TIPOS CON BIGOTE

Como xa comprobachedes os que me virades por hai estos días deixei un bonito bigote,cuestión que foi tratada en xeral con pouco respeto,pero perdoovos pobres ignorantes malnacidos!,porque eu non vos gardo rencor...A cuestión e que se o deixei e por ter un luk adecuado para o concerto deste xoves en Capitol de Gogol Bordello,dos que xa vos falei aquí,e moi ben se non recordo mal.E diredes,¿bigote,por que? Vexamos un video e comprobamolo e de paso vedes mais ou menos de que vai a cousa:



É un video dun dos primeiros discos,pero e interesante por que intercala imaxes dos concertos,para que vexades o espectáculo.Se podes ir vaite...

Por outra banda e entroncando co tema,tamen houbo bromiñas con me llamo earl,a serie de Jason Lee.O traballo deste actor non e moi conocido (sen o bigote parece outro,eu sei como se sinte),pero sae nunha das pelis de Kevin Smith que máis me gustan, protagoniza Mallrats.De feito hai vai unha escea da peli,a primeira na que se atopan con Jay and Bob el silencioso,pois o earl e o da cazadora marrón:



Vede esa peli que paga a pena...Xe sei que a maioria non vera o video ata o final pero cando di Carcayu esta a falar de Lobezno,non sei quen ostia faria a traducción.A verda é que o tipo de xovén non tiraba para o choio de actor senon que era un prodixio do monopatín,en serio mirade para aquí:



Bueno,xa para rematar supoño que recordaredes a Ron Jeremy,o mítico actor porno regordete e con bigote pero con unha impresionante tranca:

Quen ia pensar que de vez en cando sae en cine serio e me ia facer perder unha aposta?Marcos,cando volvas de Guadalajara tes esa botella paja...

lunes, 8 de diciembre de 2008

FNADBD (día final)

Bueno,grazas o día festivo temos inda un día máis,e para terminar,e tratando de deixar fora as menos posibles hai vai un mezcladillo e que cada cual pinche a que máis lle poña...











Bueno,teño que parar por que sí non meto vinte videos,quedaron unha manchea deles fora,pero xa habera outra ocasión,asi que xa sabedes,si vos fago falta para algo "pon la boca así como s fueras a beber/ve soltando el aire poco a poco y de una vez/siiiiiiilbame y yavoyyyyyy!!!"

domingo, 7 de diciembre de 2008

FNADBD (día catro)

Hoxe é Domingo,e polo tanto hoxe é o turno da serie que de verda marcou a miña infancia,o gran referente,o gran mito,da canción que te acordas cando estas borracho,e por suposto,en galego:



E a do final pa cando estas meláncolico:



Esta pega,pero xa non é o mesmo...:

sábado, 6 de diciembre de 2008

FNADBD (día tres)

Este xa vai sen palabras...



E logo a continuación de garrafón:

viernes, 5 de diciembre de 2008

FNADBD (día dous)

Bueno,como olvidar unha serie da que se algo recordamos e a canción:



Aprendin máis dos fraggles que dalgun profesror,se a seguiran a emitir os rapaces deixarian a merda esa do canto do tolo...

jueves, 4 de diciembre de 2008

FNADBD

Pois iba eu na Panchita subindo por Coaxe ata o alto de Caldas,cando vexo non unha,nin duas,senon tres salamandras cruzando a carretera,e mira que facia anos que non via eu unha salamandra diante,dende que era pequeno en Leiro...Ata parei o coche no medio da carretera para ver si non as confundía con un lagarto cálquera.E claro,pensas na infancia e poste nostalgico,a pensar nas series e debuxos que vias daquela,e habendo salamandras e nostalxía o primeiro que se ven a cabeza e por suposto:



Si e que che caen as bagoas...,por eso aqui empeza o meu primer fin de semana temático,dende hoxe ata luns I FINDE NOSTALXICO ANIMADO DO BLOG DE DANIEL (FNADBD)

martes, 2 de diciembre de 2008

EFECTO MARIPOSA

Supoño que todos falamos algunha vez dese efecto:"un mariposa en Xapón batendo as ás pode provocar un furacán en Londres".Bueno,pois os cientificos falan amenudo sobre este efecto relaccionandoo ca teoria do caos,pero o que se refiren é os datos de partida,se cambiamos os datos de partida,por pequeno que sea o error a larga podese convertir nun desfase criminal.Por exemplo,se nunha simulación na que estabamos a usar dez decimais obtendo uns resultados,si empezamos outra vez a misma simulación usando un decimal máis,a diferencia entre os datos de partida e mínima,pero canto máis avances na simulación,máis se van a ir distanciando un resultado de outro...Pero teño eu por aqui un video do que si que é un bonito efecto mariposa.Estoume a referir ó lap dance que se marca en Death proof Vannesa Ferlito,que na peli chamase Mariposa,é espactacular...:



Por certo, a cancion e "Donw in Mexico" de The Coasters.

jueves, 27 de noviembre de 2008

FORMATEANDO VOY,FORMATEANDO VENGO...

Formatear o ordenador e como unha limpeza espiritual,desfaste de todos os males(virus,programas estupidos,etc.),pero deixas parte de ti polo camiño,porque,sempre perdes algun archivo importante no proceso(esta vez non falo do porno).
Bueno,como dirian os de alcolicos anonimos,xa stou limpo!!!
Asi que ahora reordeno a miña vida o tempo que vou instalando programiñas,sen agobios,por ahora solo o firefox(odiote iexplorer),e o emule.E unha vez posto o bicho a descargar so quedaba actualizar o blog,nesta complicada semana de TRUCO...(por certo,Moises busca parexa...)
Para incentivar a asistencia o evento,e falo do inminente III CAMPIONATO DE TRUCO DE SANTA BAIA,este venres,estou disposto a pagar un cacharro a calquera moza que se presente cun bolso TOUS autentico(e acredite autenticidade),para comprobar a teoria de que eses non existen,que son ficticios e que so hai os dos marroquis...

E para acabar: a miña seccion audiovisual,hai vos deixo un video de Natilie Portman,non por nada pero e que me fixo gracia,a chavala burlase dos que din que e modosiña cantando un rap de coña no SNL:



Si,xa sei que esta todo en ingles,pero deberia de darvos vergonza non entendelo,os tempos vervais son de oitavo de EGB e o vocanulario basase en fuck,dick e drink...Home no me amoledes!!!

P.D.:¿Pol Pot non era Camboyano?

miércoles, 19 de noviembre de 2008

VENRES NORMAIS-MARTES NON TAN NORMAIS

Hola avidos lectores,aqui estou outra vez para confirmar que a vida en Catoira continua tranquila e sen sobresaltos,chega o inverno e as dez da noite de domingo a xoves este pobo esta literalmaente morto,os bares vacios,as ruas valeiras,unha peniña...Gracias a Deus esa rutina varia algo o finde gracias as ingentes racions de alcol.Este venres era pois un venres normal,a xente saia de traballar e dirixiase o bar a tomar unhas birras,os que alargaran a cousa empezaran a cubalibres...Bueno,non era tan normal,habia cena da comisión(mima,co que se jastou traiase a panorama...),o cual variou o guión,cambiamos as birras antes dos cubalibres por comida e viño(non e mal cambio).O caso e que cando xa taba a cousa liada apareceu El Grave,e veña cubalibres,e veña son boisimos,e veña tendes que vir...Pois si amigos lectores(os que inda siguan lendo),todo este parrafo para explicar por que acabei un martes en Compostela nun concert na Sala Nasa:
Tocaban na Sala nasa os The Hi-Risers,un trio que toca de puta madre,fan rock clasico e algo de rockabilly,e a verda e que se nota que levan toda a vida tocando xuntos porque o fan de puta madre.Nesta ocasion cantaban con Barrence Whitfield,que para entendernos e un negro clavado o Marcellus Wallace de Pulp Fiction (cando bailaba paresiase a Agustin).O concerto estivo ben,na miña opinion(que aqui e a que conta) mellor cando eran eles sos tocando,para mostra vouvos poñer unha cancion que foi a que mellor se me quedou,porqe me fixo bastante gracia...



En resumen,e a modo de consello,se vos din de ir a ver algo a Nasa,dicide que si,por que non e a mellor sala,e igual non sea o mellor concerto,pero poñen pinchos antes de cada concerto!!!

P.D.:que agusto quedas despois dunha parrafada asi...

jueves, 13 de noviembre de 2008

LIBERAR A WILLY 2

Si señor,non foi a miña mellor entrada e si embargo ten segunda parte,pero e que a pelicula tampouco era ala moi boa e tamen a tivo,e eu non vou a ser menos.O caso e que reflexionando sobre o anterior,non e tan raro que o fillo saira rariño e algo toliño,pois puxeronlle a facer de pai a Michael Madsen,que entre outros era o irman de Bill en Kill Bill,pero sobre todo era o señor marrón(ou era o naranxa) en Reservoir dogs,en donde deixa perlas coma estas:



Si e que asi entendese todo...

P.D.:ven un finde de ceas,vemonos nos bares(ou en chante)!!!!

miércoles, 12 de noviembre de 2008

LIBERAR A WILLY

Non me preguntar por que,pero hoxe o mediodia estivo no bar posta a peli da orca e o meniño,e ninguen protesteu,non me estraña con cousas coma estas:




O que pasa e que estiven pensando,que ostia fai o rapas ese a xogar co pedaso bicho,supoño que a conversa ca sua nai seria algo do tipo:
_Jesse(chamabase asi na peli),Jesse!!
_Si,mama.
_Podese saber a onde vas?
_Vou xojar cas orcas.
_Orcas?non sera un deses videoxojos violentos que salen no parte da antenatres,verda?
_Nom,son uns Cetaceos marinos de uns seis metros de largo e uns cinco mil kilos de peso que se alimentan de peixes,tortugas,aves e incluso outros cetaceos.
_Nese caso vaite lo,pero a orca esa que coma o que lle dea a jana,pero que non me entere eu de que non tomas o bocadillo de nosilla e andas porai tomando porcalladas.
_Si mama.
_Que non cho teña que repetir,nada de peixes cetaceos ou porros...
E o rapas hai o vai tan tranquilo a xogar cos bichos eses que como teñan fame comen hasta a súa nai...Si e que a culpa e toda dos pais...

martes, 4 de noviembre de 2008

DE CURIOSIDAD DEPORTIVA

Buenas jovenes,estos ultimos dias estiven algo descuidado devido en parte a algun dos meus multiples vicios,neste caso engancheime a unha serie (The wire,boisima),e vinme en duas semanas tres tempadas,a doce capitulos por tempada e a 55 minutos por capitulo,saeme en total que perdin a ostia de tempo libre...En xeral dediquei pouco tempo a reflexion,pero o suficiente para acabar facendome unha pregunta que supoño que a vos tamen vos intrigou despois dos ultimos acontecementos;Guadalajara,¿ten equipo de algo?
Gracias a Deus aqui esta papa para responder,ten equipo de futbol.de futbito,de balonmano e de baloncesto:
  1. Futbol:e o Club Deportivo Guadalajara,camiseta violeta e calzon blanco(menos gay do que sona...),xoga na segunda B grupo 4 e non anda moi ben,ta a un punto do descenso...
  2. Futbol Sala:e a Union deportiva Gestesa Guadalajara,o gran exponente deportivo da cidade,pois esta en division de honor,claro que vai terceiro pola cola,hai que mellorar chavales...
  3. Balonmano:e o Realitas balonmano Guadalajara,recien ascendido a division de honor B,que moito honor non debe ser si hai unha division de honor A,non atopei nin siquiera unha paxina web
  4. Baloncesto: e o Rayet Guadalajara,esta na LEB Bronce,desconozo se existe unha division mais baixa que esta,pero dudoo...
Creo que queda totalmente confirmado que o meniño non se nos foi para Guadalajara pola oferta deportiva...

viernes, 31 de octubre de 2008

SOLO LA PUNTITA(III)

Bono,del din cousas como:

Paul David Hewson, KBE, conocido por su nombre artístico de Bono (Dublín, 10 de mayo de 1960), integrante de la banda de rock irlandesa U2 y activista político especialmente comprometido con la causa humanitaria en África y a favor de la cancelación de la deuda externa de los países del tercer mundo, labor reconocida entre otros por sus nominaciones consecutivas al Premio Nobel de la Paz en 2005 y 2006.(sacado da wikipedia)

Despois de chupar un top10 na vh1 so podo decir unha cousa:O unico bo que fixo Bono nesta vida foi cortarse o pelo...

lunes, 20 de octubre de 2008

DE CRUASANS E ALIMAÑAS

Hoxe e luns,e como os luns son dias que hai que tomarse con calma,vamos ir calmados...Escribo estas lineas escoitando de fondo o disco Rock'n'roll alimaña de Pablo Carbonell,e un disco que me baixei hai moito tempo,creo que hai un par de aniños,pero que sin embargo por desidia,por deixadez ou polo simple azar inda nunca escoitara ata o de agora...Son cousas que pasan,tes algo por hai que non tocas vease:un libro,a bicicleta,o monopoly,etc.Pero un día, sin saber moi ben o por que, ocurre algo que che fai recordas que tes unha cousa porai tirada e buscala e usala...No meu caso foi que despois de moito tempo fixenlle caso a Moises(non vos recomendo que facerlle caso a Moises guie as vosas vidas),e vin a pelicula:"Lo mejor que le puede pasar a un cruasan",basada na novela do mismo titulo.A verda e que a peli gustoume,de feito estos ultimos dias recomendeina en máis dunha ocasión,pero esa peli fixo que me puxera a escoitar a ese grandisimo artista que e P.C.,que non se acabou cos Toreros Muertos e a sua Agüita amarilla,de feito estoume convertindo nun novo adepto...Bueno,esto xa se alarga moito,hai vai un video,para muestra un boton:


A verda e que o video esta ben,pero para disfrutar a tope dun artista hai que velo en directo,e polo que se ve porai,ten boa pinta:


Bueno amigos,este es mi cosejo para esta semana...

P.D.:A peli do croasan faille a b.s.o. Andy Chango,unha perla de cancion(que clase con frases como:"te vendo a mi hermano/por uno o dos gramos/te cambio a tu mujer/por las chicas de alquiler"),polo que xa e a segunda b.s.o. de Chango da que se fala no blog,pero resulta que tamen fai a b.s.o. de "A mi madre le gustan las mujeres".Por eso,puedo prometer y prometo que para semana resumen y comentarios de "A mi madre le gustan las mujeres"

jueves, 16 de octubre de 2008

DE NAIPES E NORMAS

Estaba eu navegando tranquilamente e recordei certa paxina:acanomas.com,non ten moita cousa,pero ali encontras un monton de reglamentos de xogos,sobre todo de naipes.Un bo exemplo e o do Truco,que queda enlazado pichando enriba,e interesante.Pero non polas reglas en si, senon por como de complicado e explicar un xogo de forma escrita,sen estar xogando e vendo o transcurso do mismo...De feito,neste caso concreto perde duas follas so en explicar os posibles engaños do tipo de "quiero returco" ou "envidio".Inda que eu quedome con frases coma esta:"Las cantos de flor, envido y truco suelen tomarse como pretextos para que los jugadores muestren sus aptitudes poéticas."(non e precioso e acertado o mismo tempo...)
A verda e que entrei na paxina para buscar as normas da pocha,e non estan,pero si as atopei na wikipedia(pincha aqui).Pouco que reseñar o respecto,so algun matiz,como que o renuncio vale 100.E o máis interesante,danlle nome a xogada de Diego,si señor,non somos os unicos perros que salimos por un pau para que repitan e fallalo,reproduzoo a continuación:
"Viejo truco: Salir de un palo del que solo tienes una carta, esperando la segunda salida de dicho palo para fallar con un triunfo"
Pois todo este rollo para dicir que como Rober esta de baixa hai todos os dias partida,incluso polas tardes,e,atencion que vai en maiusculas para resaltalo,ESTOU METENDO CADA PALIZA QUE E MOITIRMO!!!

jueves, 9 de octubre de 2008

A QUEN LLE INTERESE

Esto vai ser un corta/pega,pero negome a discutir máis esta chorrada:

"gue s.f. Nome da letra g."


"xiringas.f. 1. Med. Instrumento que consta dun tubo, dentro do que escorrega un émbolo, e que vale, a
modo de bomba, para extraer ou inxectar líquidos no
organismo, se se lle aplica unha agulla oca. Os farmacéuticos aceptaron repartir xiringas gratuítas. 2. Instrumento semellante en materiais e tamaños variables que pode ter diversos usos, por exemplo en repostería para decorar con cremas. Agora usa máis a xiringa cá tradicional manga. u Tamén se di xeringa."


Sacado de aqui:

Diccionario da Real Academia Galega
Diccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997


Ou se queredes neste enlace:http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html

E agora que alguen me explique de onde ostia sacades gueringuilla!!!!!!!!


lunes, 6 de octubre de 2008

SIN SUSTANCIA

Hoxe e luns e non teño moitas ganas de actualizar esto,o que pasa e que como andiven a dicir porai que ia poñer o enlace de alberto montt pareciame indecoroso entrar na rede e non cumplir.Xa esta feito asi que nada máis por hoxe.
-Quedouche algo sosa a cousa,non crees?
-A verda e que si,tes toda a razón,pero que queres que lle faga,estou pouco creativo...
-Metelle un video ou algo,que rechea e quedas de puta madre...
-tamen e verda,e que lle meto?
-Xa que lle roubaches o enlace a Moises dedicalle un video
-Bueno lo,voulle meter un de Primus,xa que o obliguei a escoitalos este sabado,ahora que se joda e que os vexa...

viernes, 3 de octubre de 2008

DE RADIADORES E B.S.O.

Bueno, a cousa e que me viñeron a casa a cambiar a resistencia dos acumuladores da tarifa nocturna,e claro,ou miras para os tipos como traballan ou te pos a fosar en interne.O carallo e que despois de ver dez periodicos e ante a imposibilidad de usar a rede para o seu fin logico(ver porno,claro).dixenme,vamos actualizar o blog...
Tiña porai a idea de dedicarlle unha entrada a o cantante arxentino Andy Chango,e nesto andaba,buscando videos e así cando cain na conta de que fixo,entre outras bandas sonoras,a da primeira peli de Mortadelo e Filemón.Pois esta estupidez vaime arreglar o día,porque,habendo máis dunha peli hai máis dunha canción,e enton,habera que comparalas.Imos ca primeira,a de Chango:


Non ta mal,de feito eu prefiroa a esta,a da segunda parte,e dos Delinqüentes,inda que fan uns conciertazos...


Que,cal preferides,non e sinxelo,pero inda non vichedes nada...Eu tamen dudaba entre cal era mellor das duas,ata que descubrin esta xoia,señores,xa temos gañador:


Parchis forever...

miércoles, 1 de octubre de 2008

SOLO LA PUNTITA (II)

Titular de "El correo gallego" tras a visita de Sephen Hawking a Compostela:
"Stephen Hawking se muestra muy excitado ante el funcionamiento del Botafumeiro"


Centos de persoas aseguran que moveu a ceja dereita...

viernes, 26 de septiembre de 2008

PAGANDO DEBEDAS

Hai uns dias quenteime no bar e dixen que ia facer unha entrada sobre rugby,pois imos alo.En concreto estubemos falando de hakas,o bailiño este que fan os neozelandeses antes de comezar os partidos para acojonar e asi.Ala polo dousmil,ano arriba,ano abaixo enfrontaronse a Tonga,que pouco xogara internacionalmente,e os NZ empezaron ca carallada do haka,pero o que non sabien,nin eles nin ninguen e que os tonganos tamen facian un.De feito escomenzaron no medio e a xente veuse arriba,pois nadie contaba con ver duas danzas enfrentadas,nen sequera os realizadores...De feito estanse a recrear cos olblac e empeza a sentirse un griterio do publico,cambian de camara e aparecen os tonganos avanzando e amenazando a tododios...esta de puta madre,vexamolo:


Arriba tonganos voladores!!!Eso si,perderon este partido de chosca,o deles e o seven...
Iba a rematar aqui,pero xa que esto vai de hakas,e como o ano pasado chupei todo o mundial de rugby,hai vai o haka que máis me molou do pasado mundial,pero non por eles,senon por como se burla deles Chaval(el yerno que todo padre querria tener).Este vimolo no barluis,haber se o lembrades:


Sen máis un saudo e bo finde,recordade que hai que despedir a Marcos...

martes, 23 de septiembre de 2008

APRENDER ALGO NOVO...

Colle o teu exemplar da Biblia e abrea o azar...A min saeme isto:
Mateo 4-12
Al oír Jesús que Juan habia sido encarcelado, se volvio a Cafarnaún, junto al lago,en el término de Zabulón y Neftalí;para que se cumpliera lo anunciado por el profeta Isaías.
Da que pensar verda...

lunes, 22 de septiembre de 2008

CRONICA DUNHA GUADALUPE ANUNCIADA

Xa se foi a Guadalupe "descalciña pola area",e si,ainda estamos vivos...Foron oito días de festa dando todo canto tiñamos e un pouco máis.Chega pois o momento para a reflexión e o analise,que aportou a guada as nosas vidas?Pois máis ben pouco,ou ese foi o meu caso.Pero non malinterpretedes estas palabras,non digo que estivera mal ou que eu o pasara mal,so digo que non oubo grandes novedades,pero o que si conseguiu esta edicion da moreniña e confirmar cousas que se intuian, que estaban ahí,e que agora si podemos dar por certas.As veces acadar a seguridade e a certeza en algo e moito máis productivo que atopar algo novo,pero vaiamos por partes,o primeiro que debedes saber que esta vai ser unha entrada longa,así que logo non protestedes(oiches Marcos),imos alo...
  1. 8 días de festa:si amigos,a pesar do meu notable deterioro físico,e incluso mental(e sobre todo moral), ainda son capaz de pasar unha semana enteira saíndo de festa...teño que dicir que o domingo guiei eu e non bebín,o que non impideu chegar a eso das cinco e media, e que o martes fun a Laiño,donde non habia moita festa e recollemonos cedo(sintoo Isa,pero a verdá doe...).A pesares de todo eu creo que é un bo rexistro...Sigo en forma!!(Rober tamén).
  2. Rasaloba:esta aquí denovo,Tonhito de Poi volve a ser o de sempre,xa se olvidou dese rollo portugues e volve a ser o artista capaz de escalar unha casa do concello polo seu publico,te queremos Tonhito,"que bonito es el amor sobre tobo en primavera."
  3. Verbas con clase:inda que pensedes que non,hai palabras con máis clase que outras,e definitivamente cubalibre e unha das que atesora moita...E quero remarcar que me estou a referir só a "cubalibre",non a cacharro,cubata,cubatilla ou calquera outra forma falta de interes.Por eso animovos a usala e respetala,e xa comprobaredes que a xente de ben acepta mellor "ir tomar uns cubalibres" que "imos pillar uns cacharros".Parece ou non parece a segunda unha espresion de porreros?Pensadeo e xa me diredes...
  4. Canción del verano:non houbo,é un feito,algunhas intentarono pero nom,nom houbo...Así que houbo un furado que tapar.De todos e sabido que esa canción tiña un sitio fijo na guada,este era o segundo pase de cada orquesta máis ou menos na metade...Era facil de recoñecer porque empezaban a tocala e o primeiro que pensabas era:"vai merda de canción",pero nese momento decatabaste de que tiñas os brazos en alto(case sempre cun cubalibre na man) e algo saia da tua boca igual que da xente do arredor,si,o estribillo desa canción que e unha merda,pero unha merda pegadiza...Outras festas quedaron sen encher o jueco,pero Rianxo tiña un plan b.Eu creo que todos pensamos na misma,no final da entrada comprobaremos si é así...
  5. Un sitio para cada cousa...:Sintonia e Gran Parada non son orquestas para o ultimo día da guada por moito que lle pese a moitos,de feito Sintonia xa jodeu hai dous ou tres anos ese día..."A los hechos me remito"
  6. Os tempos pasados sempre foron mellores:non hai dubida desto,cando se ven as cousas con tempo sempre pesa máis o bo que o malo...Na guada sempre atopas a alguen que fai que non viras,este foi o meu caso, e estibo moi ben,ademais pouco malo,por non dicir nada habia que olvidar,asi que estibo de puta madre...

Conclusións e peche:Foi unha boa semana non credes?En canto o da canción eu creo que esta claro,a chatarrada esta medio rianxeira medio mejicanada dos magodeoz e a que todas e cada unha das orquestas botaron nese momento,cada unha a sua maneira,mezclandoa ca guadalupe orixinal,pero ocupando categoria de "canción del verano".Un bo final e cada cual que recorde esta festa como queira...


P.D.:grazas polo teu comentario cachote,foi moi instructivo...
P.D.2:nas festas de Cordeiro estas que seguiron a guada atopei a Matias,foi curto pero impactante,tou pensando en darlle unha sección no blo...

jueves, 18 de septiembre de 2008

PLANO SECUENCIA

O plano secuencia defineo a wikipedia como:
"Secuencia filmada en continuidad, sin corte entre planos, en la que la cámara se desplaza de acuerdo a una meticulosa planificación."


Vamos,que ben sendo unha escena dunha pelicula que se fai sen cortes,toda seguida,evidentemente,canta máis xente e máis elementos interveñan na escea a cousa complicase mais.Este tipo de esceas a min encantanme,se esta ben rodada amañanche incluso unha mala peli...Un dos que máis me gusta e este de "Kill Bill":


Buscando este atopei un dunha pelicula thailandesa de artes marciales que e a ostia!!!(o plano,non a pelicula que ten pinta de ser unha chatarrada).Esta rodado cun gran angular e dalle un toque curioso:


Evidentemente non so se usa no cine,tamen se fan videos asi,e aqui e donde entra Gondry,do que xa vos teño falado no blog.O video e impresionante,esta rodado dun tirón nunha soa habitación cos actores correndo por detras da camara para chegar a seguinte localización.A verda e que é un prodixio de organización e planificación.A pena e que deste non atopei o "como se fixo",porque esta guapo:


Pois todo esto e para comentarvos que hai veces que vou "caminando por la vida" e me digo a min mismo:"Macho,parece que te movas nun plano secuencia".

miércoles, 17 de septiembre de 2008

A LUZ O FINAL DO TUNEL

Despois dun longo periplo polo deserto,tras unha tormenta,unha boda, e media guadalupe,e vuelto:acabanme de reparar o adsl!!!Teño moito pendiente asi que en breve comezarei a actualizar...por certo,emplazavos a todos hoxe a noite en Rianxo:Marbella e Olympus,que máis se pode dicir...

martes, 26 de agosto de 2008

UNHA RAPIDA(solo la puntita)

Antes de ir para a cama non podo deixar de recordar que onte houbo que sumar un máis a esa inxente lista de maravillosos doblaxes da galega,despois das "Bolas máxicas" e "Termineitor tu" entre outros,por fin en galego "Snacht:cochos e diamantes".Botarona onte a noite e estivem emganchado ata que rematou(sobre as duas da mañan),so podo dicir que foi certamente un momento impagable,grazas dobradores da galega...

lunes, 25 de agosto de 2008

DE TARDES E BIRRAS

Tarde de luns=tarde aburrida
Esto explica o cambio de luk do blog,cando non hai que facer fas cousas destas,cambias o luk do blog,instalas programiñas estupidos no ordenador,grabas cedeses e borras trapalladas varias...Non fas nada de proveito pero quedas cunha sensación final de puta madre,en plan:"que de puta madre gastei a tarde,Dios;que bo són,esta tarde gañei o día.Merezome unha birra ben fresquiña..."
E se inda por enriba actualizas o blog e que xa eres a puta ostia...

Vaime sentar de puta madre...

lunes, 18 de agosto de 2008

DE DIAS E SORRISOS

De cando en vez vas paseando pola vida e atopas algo,non sei,un libro,unha peli ou unha canción,quen sabe, que che toca de maneira rara e andas por hai un par de días ou así cunha sonrisa na boca so de recordar o momento ese...
Toda esta parrafada foi para comentar o moito que ma gustou o concerto do xoves en Vilagarcía dos "americano-rusos-rumano-ucrinos"(austro-hungaros) GOGOL BORDELLO.A verda e que todas as referencias eran bastante boas,tanto en prensa coma en interné,pero tamen me pasou no festival do norte cos candianos fillos de puta(ver entradas antigas)e levei cun canto nos dentes.Vexamos un video deles antes de continuar:

Da xente que ali estabamos creo que máis dunha canción ou duas so as coñecian dez ou doce persoas,pero a partir da segunda cancion que botarón xa estaba todo dios a dar chimpos,cando botaron a do video xa foi un desparrame...Por certo,Panorama deberia contratar unha gogo con un bombo,deixoo quedar hai...
Está entrada remataba aquí,pero a parrafada inicial recordoume cousas,e como ultimamente pouco actualizo,continuo e punto.Concretamente recordo outra desas cousas que che poñen un sorriso na boca,un momento que para outros pudo non significar nada,pero a min marcoume bastante a maneira de mirar as cousas,a primeira vez que vín un "eskech" dos Monty Python.Parece unha ridiculez,e certamente xa non recordo cal foi exactamente pero si recordo ter ese sorriso na boca polo menos unha semana...Vexamos un exemplo antes de proseguir:

Esta en ingles pero paga a pena,inda que certamente e dos menos coñecidos.Por certo,as pelis dobladas estan bem,pero os eskechs e mellor velos en ingles con subtitulos.O universo dos Python e fascinante e fartaste de rir inda que non digan cousas graciosas,e un humor raro pero moi bo...
Rematando xa,a verda e que os Gogol son bos,pero os Monthy son moito mellores,clasificando pola escala que nos levou a esta entrada(días seguidos cun sorriso na boca) porialle a Gogol Bordello un tres,mentras que os Python un 8,5.A verda e que na clasificación do que ben sendo a miña vida os Python estan moi arriba,non vos direi en que posto,pero si que mais ou menos anda empatado ca primeira vez que lle comín a cona a unha rapaza(un tema interesante que probablemente mereza unha entrada aparte)
Sen máis saudos jovenes...

viernes, 8 de agosto de 2008

UNHA BOA/TRES MALAS

Bueno,aqui estamos outra vez,na que vai a ser a entrada previa as festas de Santa Baia,Dios dira se saimos vivos...Para que non vos colla por sorpresa nas festas e aqui algo que me encanta:os abrazos,que hai máis bonito que un abrazo,non un choque de mans,que non mola nada.Asi que se me vedes nos proximos dias,xa sabedes,sempre un abrazo...
Unha vez posto algo positivo,prosigamos,os blogs estan feitos fundamentalmente para queixarse,asi que empecemos:
1.O futbol no verán.Deberia estar prohibido retrasmitir partidos amistosos de verán,e a cousa máis insoportable do mundo,aburridos e incluso zafios.Os que lles gustan estes partidos teño a impresión de que e por algo morboso ou pornografico,pois non ten outro sentido...
2.Os numeros dos chinos.Que conste que me encantan os Xogos Olimpicos e todo o rollo do redor,pero a tonteria esta do 8 non o acabo de entender,eso de empezar o 8/8/2008 as 8,tendo en conta que no calendario chino estan no 4795 non e dia oito e o mes e algo asi como "no que florecen non sei que arbore",non creo que lles de moita sorte...
3.O porno doblado.Todas estas cousas me joden,pero o que máis me jodeu estos dias foi ver unha peli porno doblada o español,e o puto peor,non ten gracia,non acompasa os xemidos ben nunca(sempre ximen ca boca chea),e non aporta credibilidade ningunha,asi non hai quen practique o onanismo decentemente.Se tedes un fillo algun dia apuntade esta frase:"Fillo,non tomes droga e mira o porno en V.O."

E,como non todo e malo,e xa desafoguei a gusto pa ir calmado para as festas,hai tendes un video que me fixo a ostia de gracia...:


ABRAZOS PARA TODOS...

martes, 29 de julio de 2008

BUSCA E COMPARA

Pasada a Eurocopa,e como inda non empezan os xogos olimpicos,e o Turdefrans xa vai ala,quedan un par de semanas en que as charlas deportivas teñen un nivel verdadeiramente baixo,con noticias de portada realmente estupidas e partidos sin interes nin ostias nin nada.Asi que vou elevar a conversa deportiva comparando duas figuras historicas do Balonpe mundial,a traves de sendas xogadas representativas de cada un...

1-Eric Cantona,frances de nacemento e ingles de corazón,e aqui o culmen da súa carreira:


2-Diego Armando Maradona,arxentino de pro e base dunha relixion,collendo a xogada anterior e elevandoa o nivel de arte:


Deixo hai o debate,pero creo que Diego levase con creces a victoria nesta comparativa,si ben e certo que ten bastante axuda dos compañeiros,mentras que Eric se bota el so o equipo as espaldas...

P.D.:O Barça gañou esa final da copa do rei,o unico titulo en España de Maradona...

jueves, 17 de julio de 2008

DE VICIO,PASTILLAS E EDULCORANTES

VICIO,hai moito desto nas nosas vidas,sinembargo nos ultimos días atopei tres exemplos que me fixeron reflexionar ata donde pode chegar a depravación nesta nosa sociedade...O primeiro caso ven dado pola empresa de xelados nestle,que non cheos con ter un xelado almendrado e outro blanco,crean un blanco almendrado.O colmo do vicio.
O segundo caso vai increscendo,pois a alguen se lle ocurre algo mais depravado que fritir salchichas envoltas en queixo(deliciosamente colesteroico)...
Pois si amigos,podese chegar moito mais alo do limite,cando X me comentou(prefire manterse no economato),que lle gustaban as aspirinas con azucar!!!Que e o proximo?bocadillos de nocilla con espidifrem?
Bueno jovenes,todo este sindios fixome reflexionar,e tras meditalo so se pode seguir adiante grazas os clasicos,e ali foi onde me refuxiei,na canción máis apropiada para este momento:

lunes, 14 de julio de 2008

DE CULTURA QUENTE E FILOSOFIA ORIENTAL

Esta entrada deberia ser unha mini cronica de como foi o festival Cultura Quente de Caldas,pero tendo en conta que de case uns vinte grupos so vin cinco,creo que facer un anlise do festival seria un acto de soberbia pola miña parte...
Asi que en vez de dicirvos que Deluxe estivo Ben(incluso Ben Ben),e que Cafe Tacvba fan uns concertos destes festeiros,vouvos dar uns consellos para sobrevivir a un festival sea cal sea a sua tematica musical.Un bo consello vale mais que catorce malos,por eso vamos usar os dos mellores,neste caso os do mestre chino SUN TZU,e máis concretamente os do seu libro "O arte da guerra".Escribeuno tres seculos antes de que nacera Cristo,pero sigue funcionando...
No capitulo titulado"Sobre as clases de terreo",fai nove clasificacions posibles sobre como poden ser os terreos para guerrar,a que a nos nos interesa di,en traduccion libre do chino,mais ou menos asi:
"Si solo podes sobrevivir nun territorio loitando con rapidez,e se e facil morrer se non o fas,a esto se lle chama terreo mortal"
Pois estar diante do palco dun bo festival eso e terreo mortal,porque si non bebes con avidez o cacharro tirancho,e se nonte moves tiran contigo,hai que ganar ou morrer...Pois hai ven o consello de Sun Tzu:
"Se as tropas caen nun terreno mortal,todo o mundo loitara de maneira espontanea,por eso se di: Situa as tropas nun terreo mortal e sobreviviran"

Cada quen que o use como vexa,pero eu creo que quedou ben clariño,e como esto era unha entrada do festival de Caldas,hai vos queda un video de Cafe tacvba:


P.D.:puxen hai o lado uns enlaces de blogs que se ordean segun se vaian actualizando,por certo,asegurovos que Sun Tzu volvera a aparecer neste blog...

lunes, 7 de julio de 2008

DE COMO UN DETALLE AMAÑA UN DOMINGO DE RESACA

Contan por hai que este pasado sabado,festas en Dimo,media SantaBaia foi presa dun mal raro,cando menos insolito,taban todos BORRACHOS PERDIDOS!!!Si amigos,un ano máis a comida da peña fixo estragos entre a poboacion de Oeste(mais exactamente os varons entre 18 e 98)...Pero hoxe non vos vou falar diso,porque o resultado foi obvio e visto por todo o mundo,mellor centremonos no dia seguinte...
O domingo foi un día para olvidar,oscuro e desagradable,un deses dias en que podes chegar incluso a rechazar sexo salvaje...Unha merda de dia,ata que ocurreu algo,unha desas cousas que fan que un dia vala a pena ser vivido.Si señor,despois de pedir un xelado de tres bolas e casi culminando a sua ingesta,nunha das ultimas cucharadas notei algo estraño,si amigos,para miña sorpresa,no fondo da copa habia media noz...So un xenio seria capaz de pensar algo tan bem pensado.Si señor,un dia ganado,despois deso todo foi a mellor,pedimos uns irlandeses,janei uns cubatas,e ata volvin a festa a Dimo...
Por certo,hai vai como ganei uns cubatas,por favor, a interesada pinche nos enlaces:
1.edicion normal(pincha aqui)
2.en blurei(pincha aqui)
3.version extendida(pincha aqui)
4.edicion especial(pincha aqui)
JIUR JIUR JIUR...


P.D.:Eu bebo Cacique con Sprite ou 7up ou gaseosa...

sábado, 5 de julio de 2008

ONANISMO ESTIVAL

Levar un blog no veran eche algo chungo,porque a resaca e os dias de praia vanche jodendo as tardes e e jodiod atopar un jueco para escribir unhas verbas...Sinembargo,aqui estou eu,para comprometerme a escribir como minimo unha entrada á semana.Si non cumplo esta premisa este veran tendes o meu permiso para faltarme ao respeto en publico,podedesme chamar fariseo e cousas asi ou incluso mais duras.
A verda e que estos dias so apetece achegarse o ordenador para ver porno e pouco mais,por certo,escribo estas verbas antes de ir para a cita social mais importante do ano en Santa Baia,a comida da peñ(obligatorio esmoquin),este ano nom ven gelu,polo que non habera concerto pero creo que nom me equivoco o dicir que todos agardamos que o Russo non fallle.Para todos eses que coma min,cremos que o rusito e a alma de toda festa hai vos deixo unha probiña...

Vemonos nos bares jovenes...

sábado, 21 de junio de 2008

ANGEL MARTIN

A angel Martin coñecedelo todos porque sae con Patricia Conde na sexta en SLQH,pero antes deso xa se deixaba ver pola Paramunt Comedy,e eso e o que vos traio eu hoxe,un exemplo dos monologos que facia.A verda e que e bastante fillo de puta,e senon,hai tendes o video:

"El melocoton que murio por culpa tuya",simplemente hilarante...

miércoles, 18 de junio de 2008

ROCKINRIO



Rockinrio Madrid,por un mundo mejor,ou o meirande festival do mundo,ou a gran festa da musica,ou como eu prefiro chamalo:Esa pedaso de merda de festival!.(pincha aquí)
De feito tiña pensado titular a entrada asi:"De como convertir un festival de musica mítico en un parque de entretenimiento para toda a familia",pero ia a moi longo...
Como me pretenden vender un festival de musica con frases como:"zona de niños con guarderia","zona comercial con mas de 30 tiendas de prestigiosas marcas","un espacio para toda la familia".
O choio este empeza cada dia as 6 da tarde ata altas horas e ,por certo,custa unha pasta de collons...Asi que segun os organizadores pretenden que eu,meus pais e incluso meus avos vaiamos todos da man a ver a alejandro sanz despois de comprar e deixar unha boa pasta en bebidas e comida basura...todo moi ben,pero si eu entro nun festival as 6 da tarde,a eso das sete emdia estou cuncajallon de cudado,e o que menos quero neses casos e parlamentar co meu avo,ou nun caso extremo,aturar do meu meniño pequeno....
En resumo,cada cousa para o que e.Se queres diversión en familia vas a un parque de atraccions non a un festival de musica,e se queres in a un bo festival de musica non vaias a rockinrio,que en España sobran festivales...

viernes, 13 de junio de 2008

HAI QUE VER OS CLASICOS

Que tal jovenes,paso un par de dias sen actualizar e xa me estades a poñer comentarios e a criticar nos bares...Pois imos actualizar lo.Como hoxe e venres teño poucas ganas de discurrir e moitas de tomar unha birra,asi que vou dedicar os meus esforzos de hoxe a que vexades unha boa pelicula,un clasico:"Casablanca(1942)".
En realidad dou por feito que xa a vistedes todos,como debe de ser,asi que o que pretendo con estas liñas e que a revisedes e que confirmedes que e unha gran pelicula.
A verda e que a maioria dos que len este blog non a viron,pero si que viron miles de parodias,fixeron centos de chistes e usaron outros tantos topicos derivados dela,polo cal e unha pena que non a vexades.Xa sei que o branco e negro tira pa tras,pero os dez minutos xa nin te enteras,por que e unha pelicula divertidisima.Poñovos a miña escea favorita,que non e desas aechiconocidas,senon o momento en que o nazi lle ordea o franchute que peche o cafe de rick porque se acaba de enterar que ali se xoga ilegalmente,e antes de irse aparece un camarero cun sobre e dille:"as sua ganancias,señor".Simplemente hilarante...(sintoo,so a atopei en ingles)


Podia darvos mil razons para vela,e boa,saen actorazos,etc.Pero so vos vou dar unha:VER CASABLANCA PORQUE DIGO EU QUE ESTA BEN.Nom fai falla mais razon.

martes, 3 de junio de 2008

UN FRANCES QUE SE ABURRE MOITO

Un frances que se aburre moito e unha das definicións que para min mellor se axusta a Michel Gondry.O tipo ten unhas paranoias tremendas,pero que as veces son a ostia.Fai peliculas(leva catro creo),moita publicidade(coñecedes fijo unha decena de anuncios que fixera el),pero o que fai a cascoporro son videos musicais.Un dos meus preferidos e este dos Chemical Brothers:

O tipo fixo un juevo de videoclips,dos chemicals,dos stons,de biorj(ou como sea),duns cuantos franchutes,dos white stripes,etc.Pero o realmente bonito e a variade,como cambia dun a outro,como nun todo son efectos de ordenador,para noutros usar decorados que cambian,...Ten un que esta feito nun so plano que e criminal,pero ese xa volo porei outro dia.
O video este mola,sempre me gustou,pero cando descubrin como o fixo si que me acabou de molar.E inxenioso pero tamen sinxelo,poñovolo a continuación,e algo longo pero paga a pena,sobre todo a ultima parte cando fai unha toma piloto:

Espero que vos gustara,a min si.Seguro que mais tarde ou mais cedo lle cae outra entrada a este franchute...

lunes, 2 de junio de 2008

APUNTATELA JULKJOGAN!


Hoxe non teño ganas de poñer nada raro,nin de escribir moito.Ademais logo berradasme que escribo moito,asi que poño un video de Muchachada nui,o celebrities de Hulk Hogan,que mira que habia tempo que non me reia tanto...

jueves, 29 de mayo de 2008

EUROCOPA,POIS VAIA...


Xa esta hai a eurocopa e xa estan todas as teles a facer anuncios sobre a selección.Que esta vez si,que de cuartos pasamos,que tal e cual.Todos a buscar unha nova canción para abandeirar a ola de futbol veraniego.Por eso he aqui a miña proposta,por que non mirar atras e recuperar un clasico dos Nikis no que falan precisamente de como se foi o carallo un imperio e si din que a historia se repite pois por algo habera que empezar.No video fala da por entonces exitosa seleccion de basket(como ahora),pero bueno eu creo que se pode usar perfectamente...

Vos cal usariades?

lunes, 26 de mayo de 2008

TARDE,MAL E A RASTRO...

Tarde,mal e a rastro e como chega esta entrada sobre o FdN,pero bueno,a ultima foi unha semana moi complicada e non puido ser...
A foto foi tomada o venres a eso das sete e media da tarde nada máis chegar e pedir a primeira cervexa(cubata de DYC no caso do Russo),como se podo comprovar o ambiente estaba tranquilo,comezaba a chegar a xente e xa estaba tocando o segundo grupo(Tachenko),a partir de ahí empezou a debacle que no meu caso so durou un día pois o sabado xa nom fun capaz de ir...
A historia xa a conocedes e por eso e millor nom andar inda por riba a contala en internet,en canto os grupos,polo visto os mellores estiveron o sabado,polo que din,estuveron bem.
En canto o venres o nivel foi medio,deixavanse escoitar e gustaban puntualmente pero sin entusiasmar,salvo duas excepcións.Por un lado Sidonie,que salvou a noite,valeu a pena pagar a entrada dos dous días so pola hora que estiverón no escenario.
En canto os outros que saltarón a tonica,forón os supostos cabezas de cartel, Bokren social scene,que fixeron un concerto que a voz defineu como "largo e inconexo" e que eu definin como "UNHA PUÑETERA MIERDA",asi en maiusculas.Poñovos un video deles haber que vos parece:

A que parecen bos,pois aburrian a un santo,nom sonaban nada ben,a tipa taba borrachisima e ibaselle a olla e farteime de chamarlle fillos de puta,e eso que eran once enriba do escenario.Humbert Humbert eran so dous e metian ruido polo menos...



P.D.:O gran pouso positivo do festival foi que Marcos se comprometeu a ir as festas de santabaia paseando un porco vietnamita.Todo quedou selado nunha aperta,como bos cavaleiros:


















Espero tardar menos ca seguinte entrada.Ata logo jovenes...

viernes, 16 de mayo de 2008

FINDE DE FESTIVAL


Chega maio e chega o Festival do Norte a Vilagarcía,e para ala que vamos unha tropa deles a dalo todo...
Os grupos deste ano ano igual son algo mais descoñecidos co ano pasado pelo polo que se ve no youtube a cousa promete,se despois e asi ou non xa volo contarei aqui.A verda e que polo que valen as entradas(o outro dia por Deluxe paguei o mesmo...) nom atopo eu razón para non ir hoxe a vila,por moito que este Panorama en Cambados con Carlos Baute!!!
Bueno,hai volo deixo,espero vervos a todos ali(dudoo),eu ei tar ca miña cervexa e o meu cacho de empanada de zamburiñas ata que o corpo me diga que xa nom pode mais.Chegados a ese punto e o momento de pedir tekila e darlle o ultimo arreón...


P.D.:Para a semana especial FdN

martes, 13 de mayo de 2008

UNHA DE CHINORRIS NUNCA BEN MAL,HOXE:"OLD BOY"


Bueno jovenes,despois de tocar o cine americano,hoxe cambiamos para achegarnos un pouco o cine oriental,o de chinos de toda a vida.Despois de ver un par de pelis de por ala chegas a conclusion loxica de que tan como putas cabras,cousa loca chico!!Pero bueno,esto non impide que fagan peliculas de puta madre,como esta:"Old Boy"(2003) do director coreano Park Chan-wook ou Chan-wook Park,que como ni dios ten idea de cal e nome e cal apelido,pois nun lados ben dunha maneira e noutros de outra...
Bueno,o conto,a peli e parte dunha triloxia sobre a vinganza,é a peli central,e inda que e unha triloxia, nom gardan relaccion entre si,só a temática.Das tres eu prefiro esta porque mola máis,que por qué?Porque o digo eu e punto.A cousa e simple,o prota ta de borrachera e collen uns tipos,colleno,encerrano nunha habitación quince anos,e un día soltano asi,sin decirlle nada,nin porque o prenderon nin porque o soltaron...Unha tolería,vamos.
E aqui empeza a peli de verdad,porque o tipo sala cunha mala ostia de tres pares de collóns,o cal e hasta comprensible.Así que empeza a buscar a quen o jodeu,pero a o estilo dos chinorris,a ostias con todo o mundo e retorcendo o guión a cada paso con "flasbases" e toda esa calañada.O que nos leva o que máis mola da peli,a escea que todos recordan,a mitica,a que poñen en "Días de cine",a do martillo,si señor caña pura,ostias como pans e sobre todo unha visión innovadora que rompe co normal e que,certamente arrasa.E aqui entra a maxia do youtube,gracias o cal,hai tendes a parte en cuestion:





Bueno,vos vedea e xa me contaredes,so vos digo que vale a pena,unha boa vinganza sempre esta ben...

lunes, 12 de mayo de 2008

PARA EMPEZAR UNHAS PELICULAS,QUE CARALLO!!!









Para inaugurar as entradas en serio deste meu blog,vou empezar recomendandovos unhas peliculillas.Era para poñer unha soa,pero considero correcto neste caso que seaxan duas: clerks(1994) e a sua contimuación clerks 2(2006),ambalas duas dirixidas por kevin smith.
Son duas comedias duns tipos que traballan nunha tiendiña e se dedican a criticar a todo dios,que ven sendo unha ocupación habitual dos tendeiros de toda a vida.En canto o argumento a verda e que pasar non pasa nada,home nada nada nom,entre as duas xuntas alunha escea de necrofilia, algo de bestialismo(perdon,erotismo entre especies),embarazos,etc.Pero o que realmente mola desta peli son as conversacións entre os dous colegas protagonistas,que van deixando unha longa lista de perlas que merecen ser revisadas de tanto en tanto,por exemplo:"¿para que queres internet se non o usas para ver esceas de porno tan extremante retorcido que nunca serias capaz de practicar ti mesmo?"
Non e para escacharse pero si para rirse mais dunha vez,sobre todo na segunda visión,sen olvidar a salsa da pelicula,JAY e Bob o silencioso(este interpretao o director),que saen en todas as pelis de kevin smith(menos nesa con jenifer lopez que hai que ter juevos de jastar 35 millons de dolares nesa mierda de pelicula,bueno,ijual me estou pasando...que carallo me vou estar pasando!!!Era unha puñetera mierda!!!).
Por ultimo decir que como vos fixachedes hai 12 anos entre unha e outra(e varias pelis do director)o que fai que sexan visualmente bastante distintas,sobre todo na cor,a primeira e en branco e negro,pero os personaxes son basicamente os mismos,que pasa que ca fama e os cartos as tias estan moito mais mazizas(asi con duas z que e mais insinuante)...
Bueno hai volo deixo,estas duas merecen ser vistas,xa me contaredes


P.D.:os fans do señor dos aneis non van estar nada conformes ca segunda...

DEMILIO dixit

IMOS FACER UN BLOG QUE ESTA DE MODA

Xa que toda o mundo se pon a escribir no internet,habera que sumarse á moda e porse a escribir un blog,que para halgo se inventou o tempo libre...

Pois imos alo ca primeira entrada,na que loxicamente hai que facer unha proposta de intencions e facer unha reflexión sobre a tematica do blog.Pensei en tratar sobre fisica cuantica pero a miña escasa preparación e entendimento do tema votoume para atras asi que vou falar doutras cousa...Aqui ides atopar iluminacion e critica a partes iguais,a peña P.I.S. en particular e a rede en xeral precisa de alguen que lle diga o que esta ben e o que esta mal,as festas as que deben ir e as que non,que musica escoitar e cal non,e para eso estou eu aqui,porque cando vos ilumino os venres e os sabados nom me facedes puto caso escriboo aqui e punto.

Vemonos xente.
Demilio dixit.