miércoles, 14 de enero de 2009

REDENCIÓN

Hola de novo jovenes,o primeiro disculparme por este mes e pico que leva a cousa parada,pero veño sentindo ultimamente o famoso bloqueo dos escritores ante a páxina en branco.Máis dunha vez nestes dias de nadal me puxen diante do ordenador dicindo,"Mecagoendios Dani,escribe algo ostia",para finalmente pasar de todo e dedicarme a ver porno,peliculas ou series en V.O.
O carallo e que estes dias houbo a ostia de cousas que contar,que si o traballo no sergas,que si as festas e o descontrol da navidad,que si ir a coru a ver o depor,que si estivo o meniño de vacacions,que si masei a sera o truco...Pero todo esto non me animaba a retomar o blog,estaba como apatico,non sei quizais o exceso de alcol ou a falta de sexo, o corpo é un misterio,ata que onte pasou,apareceu esa chispa que cambia todo,despois de tela baixada fai unha chea de tempo,de falar mil veces dela,de oir referencias a ela,vín unha pelicula que fai tempo que deberia haber visto.O que pasa cas grandes peliculas que todo o mundo che fala delas,que sae en todas as críticas e referencias e que ante a posibilidade de vela pensas:"din tanto que seguro que me decepciona",cousa que a veces pasa(a mín pasoume con "Ciudadano Kane",duas horacas e é o puto trineo...),pero outras descubres simplemente unha pelicula xenial.
Pois esta é a razón de que espertara do meu letargo, onte vin Blade Runner,e teño que dicir que me gustou moito,quizais por que esperaba algo complexo e filosofico e atopei unha pelicula sinxela e facil de ver que con pouco consigue moito.A verda é que despois de vela peliculas posteriores perden moito en orixinalidade...Bueno,por hoxe chegou que xa non tou acostumbrado,deixovos un corte da peli,a parte mitica,a que todo o mundo veu e na que pensa o falar da peli:


No hay comentarios: